Get Adobe Flash player



Plan de traballo - Paquetes de Traballo

 

Para alcanzar o nivel desexado de Calidade no proxecto, é necesaria a implantación dun Plan de Traballo, no cal unha serie de esforzos e adicación por parte dos socios sexan definidos mediante os paquetes de traballo, para dun xeito metodolóxico, seren capaces de cubrir todas as necesidades do proxecto.

 

O proxecto estará dividido nun total de nove paquetes de traballo, que se describen a continuación:

WP 1

WP1 Xestión do Proxecto e Difusión é un paquete de traballo horizontal no cal realízanse as tarefas de Xestión e Coordinación do proxecto.

WP 2

WP2 Definición dos escenarios, neste paquete de traballo realizarase a análise dos requerimentos para proporcionar unha solución valida dende a perspectiva do usuario final así coma unha aproximación técnica.

WP 3

WP3 Módulo de Realidade Aumentada, é o paquete de traballo no que se desenvolverán os compoñentes de Realidade Aumentada. Estes compoñentes serán a base para todas as guías que posteriormente sexan integradas no dispositivo.

WP 4

WP4 IT Modulo de Comunicación, no cal diferentes módulos de software serán desenvolvidos para o control do trebello.

WP 5

WP5 Subsistemas HardWare ofrecerá unha solución particular de Hardware para seres incorporada aos módulos de comunicación que sexan desenvolvidos no paquete de traballo número 4, e permitirá ao módulo de Realidade Aumentada funcionar correctamente.

WP 6

WP6 Contidos de Servizo proporcionará os contidos para os servizos que incorpore o dispositivo.

WP 7

WP7 Integración do Sistema consolidase todos os módulos que sexan previamente desenvolvidos nun sistema final e con interfaces o suficientemente accesibles.

WP 8

WP8 Validación polos Usuarios Neste paquete de traballo realizaranse test en contornas reais para verificar o correcto funcionamento do trebello desenvolvido.

WP 9

WP9 Definirá como os resultados do proxecto deben ser explotados facilitando o camiño da implantación e a explotación en se mesma.